CRTVG

Buscar

A Tarde

O concurso de tapas eróticas de Monforte pon a traballar a imaxinación: “Os nomes son suxestivos”

23/05/2022 - 17:19 h

Monforte de Lemos celebra ata o 5 de xuño o seu tradicional concurso de tapas, que este ano pega unha reviravolta e ten temática erótica. Cume Tapas Erótico presenta petiscos gastronómicos para reivindicar o amor e a diversidade de xénero, sempre fuxindo de etiquetas. Unha das tapas é, por exemplo, a da Adega do Carlos, que leva por nome ‘O figo chorréame’. Trátase dunha creación con picaña de tenreira, leituga, alioli, tomate cherry, figo e un toque dun ingrediente afrodisíaco, segundo explica Juan Carlos López Quiroga.

 

Revista de información e entretemento