A Tarde
Olalla López: "Os romanos xa contaminaban e contaminábanse a si mesmos"
Os esqueletos da Lanzada revelan contaminación na época romana. É o resultado dun traballo do grupo ECOPAS da Universidade de Santiago de Compostela. Afirman que o noroeste peninsular estivo contaminado por metais pesados a consecuencia das explotacións mineiras e a metalurxia romanas. Conversamos coa investigadora Olalla López Costas.
"Levamos moito tempo pagando o custe das nosas actividades. Especialmente cos metais. Cando o ser humano se pon as pilas e deixa estas actividades o seu corpo tamén se beneficia"