A Tarde
Mon Band presenta o seu último sinxelo: ‘No estamos locos’
Mon Cancela é un dos músicos máis veteranos da escea musical galega. Con máis de dúas décadas enriba dos escenarios, decidiu formar unha nova agrupación: a Mon Band. Con Javier Pacheco ó baixo e Sergio Martínez á batería, xa compuxeron un álbum e agora traballan no segundo. Convidamos a Mon á tarde para que nos conte como está vivindo esta nova aventura.