A Tarde
Cabanas das Chousas, éxito nas primeiras semanas en funcionamento
O 10 de febreiro abriu en lugo o negocio turístico Cabana das Chousas. Atópase a uns dez quilómetros da cidade de Lugo, no Veral, a carón da ribeira do río Mera. Trátase dunha idea familiar.
Este tipo de aloxamento adáptase facilmente ás restricións actuais. Comezaron cando só podía acudir a xente do concello de Lugo. En palabras do responsable Pablo Yanes xa foi un éxito dende o comezo.
"Este tipo de turismo ten moita cabida para o futuro"