A Tarde
‘A horta de Tere’, unha leira dixital sobre os produtos da terra
Teresa Rey é unha agricultora de Corbillón (Cambados) que adoita vender os seus produtos nos mercados da contorna. Dende o confinamento, ela e mais a súa filla Nuria iniciaron unha aventura no mundo das redes sociais, onde comparten fotos, adiviñanzas e mesmo propostas de receitas.