CRTVG

Buscar

A Tarde

Jesús Bastante preséntanos “Santiago en el fin del mundo”

21/07/2021 - 16:22 h

O xornalista e escritor Jesús Bastante vén de presentar na Feira do Libro de Vigo o seu último libro: “Santiago en el fin del mundo: La historia del apóstol como nunca se había contado”.

Trátase dunha ficción histórica que, por primeira vez, novela a vida do apóstolo, recreando a súa vida e os seus milagres; tamén a dos que o guían e a dos seus perseguidores. Bruxas, magos, mercenarios, asasinos… ata a Virxe María. 

Por primera vez novélase a vida do home cuxa tumba, en Compostela, configurou a maior peregrinación da historia da humanidade. Falamos co autor para coñecer polo miúdo esta interesante novela.


 

Revista de información e entretemento