CRTVG

Buscar

A Tarde

Remedios caseiros para limpar as xuntas dos azulexos

21/03/2023 - 15:35 h

Po, mofo, graxa, sucidade... Estes son os culpables de que, co paso do tempo, as xuntas dos azulexos acaben por volverse negras. Por iso, é conveniente limpalos con frecuencia se queremos que as estancias do fogar, como a cociña e o baño, dean unha boa imaxe e recuperen o seu brillo inicial.

Eva Ruíz, creadora de contidos de limpeza e orde nas redes sociais baixo o nome de @evalaordenada, danos uns consellos para facelo ben, rápido e de forma eficaz. 


Revista de información e entretemento