CRTVG

Buscar

A Tarde

Curtis regresa ó pasado coa nova edición de Curtis na Lembranza: ‘O reencontro’

20/07/2021 - 16:41 h

Este ano volverá o evento Curtis na Lembranza, iniciado no 2016, cunha nova edición especial: O reencontro. Trátase dunha homenaxe ao mercado e á chegada do ferrocarril á vila; elementos que garantizaron o crecemento da urbe. 

Os organizadores farán que os asistentes volten ao ano 1900, ambientando o evento nunha feira típica de comezos do século XX. Este reencontro co pasado está axendado para o vindeiro 31 de xullo.

Falamos con Carla da Silva, membro da organización e presidenta da Asociación de Comerciantes de Curtis, para que nos conte polo miúdo en que vai consistir.


 

Revista de información e entretemento