CRTVG

Buscar

A Tarde

Narón e Heredia, en Costa Rica: irmandade pola seguridade viaria

20/05/2021 - 16:41 h

No concello de Narón levan traballando uns quince anos sobre a educación viaria. Actualmente, en todos os centros escolares do municipio aplican os cambios na cultura viaria.

Pedro Caneiro: "Na chegada aos colexios prima o peón, a bici ou o patín"

Conversamos con Pedro Caneiro e Sonia López, responsables deste proxecto. Tamén falamos con Cheiling Vargas, promotora social de xestión viaria da municipalidade de Heredia en Costa Rica. Achegouse ata Narón para coñecer o seu proxecto de educación viaria. 

Pedro Caneiro: "Dixémoslles aos políticos que os resultados aquí non son cada catro anos"

Sonia López concorda que esta forma de traballar a educación viaria supón trocar a forma de vivir na contorna dos centros escolares. "Repercute nas nenas e nos nenos, pero tamén nas familias", salienta. 

Revista de información e entretemento