CRTVG

Buscar

A Tarde

Montserrat González: "Un maltratador non pode ser un bo pai"

20/05/2021 - 16:21 h

Denomínase violencia vicaria a aquelas accións que buscan danar a nai a través dos seus fillos. Neste caso, o maltratador busca producir o maior sufrimento posible por medio do que el interpreta que é o máis importante para a nai. 

"Precísase formación para todas as persoas que traballan con menores"

Diversos colectivos piden que a violencia vicaria sexa recoñecida como violencia de xénero. Conversamos con Montserrat González, presidenta da Asociación de Profesionais do Centro de Información para a Muller

"A xustiza case sempre chega tarde"

"En Galicia admitiuse no Parlamento unha iniciativa do BNG para discutir unha proposta de lei en que violencia vicaria sexa considerada un dos tipos de violencia de xénero", salienta Montserrat. Admite que se trata dunha violencia descoñecida porque moitas mulleres séntense bloqueadas co obxectivo de protexer os seus fillos. 

Revista de información e entretemento