A Tarde
Nove mil euros de perdas sen contar intanxibles, o custo dun roubo de sesenta colmeas
A familia Guijarro perdeu sesenta colmeas que tiña instaladas preto do río Pambre, en Palas de Rei. Juan Guijarro é o seu propietario.
Juan Guijarro: "Non levaron máis porque non había"
Lamenta que foi un conxunto de colmeas completo. A súa predición é que todo o roubado xa está vendido. Pero non foron quen de conseguir máis información.
Gonzalo Calvo: "É importante ter un seguro e ter as colmeas identificadas"
Raúl Villares desprazouse ata Arzúa para conversar tamén con Gonzalo Calvo. É un veterinario e membro da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Gonzalo repasou a situación actual dos apicultores. E tamén falou da nova campaña que xa está en marcha: "O ciclo da abella non está acorde co ciclo da natureza".