A Tarde
Mª Teresa Rodríguez: "Para a primeira clase de química que lles leven un biscoito"
‘Cociña comeza con C de Ciencia’ é o título dun obradoiro que esta semana imparte María Teresa Rodríguez Blas. A catedrática de Química Inorgánica da UDC divulgará precisamente no Espazo Normal da propia universidade coruñesa.
"A ciencia está practicamente en todo e, en particular, na cociña"
A profesora afirma que a falta de divulgación é un dos grandes problemas da ciencia. "Hai cuestións de ciencia moi básicas no instituto, pero que impartidas nunha aula poden ser aburridas". É partidaria de que os docentes usen métodos máis cotiáns para que a ciencia sexa máis fácil de entender.
"Os químicos temos mala imaxe na sociedade"
María Teresa insiste en que "os químicos estamos para axudar e favorecer a calidade de vida das persoas".