A Tarde
Talento emerxente da música clásica no Festival Bal y Gay da Mariña
O Festival Bal y Gay deu comezo onte na Mariña ao ciclo Música á beira do mar, o segundo bloque de actuacións logo dunha primeira parte no mes de maio.
O Cuarteto Seikilos, gañador do premio a Grupo Emerxente 2021 no FestClásica, foi o encargado de inaugurar a programación. Falamos cun dos seus violinistas, Pablo Quintanilla, e mais coa directora do festival, Alba Rodríguez.