A Tarde
Lúa Ribeira: "Véxome moito máis preto dunha mirada artística"
Este mércores é o Día Mundial da Fotografía. Unha data que se festexa dende o 2010 e lembra como no 1839 se puxo en marcha un dos grandes avances da fotografía, o daguerrotipo.
Conversamos cunha fotógrafa galega que acaba de formar parte como asociada da prestixiosa Axencia Magnum. Lúa Ribeira é natural das Pontes e na actualidade vive en Bristol. Fala dos proxectos que a levaron a Magnum e da gana que ten de volver a Galicia.