CRTVG

Buscar

A Tarde

Amparo Malo volta aos escenarios

19/07/2021 - 16:21 h

O mundo do espectáculo saíu especialmente malparado da pandemia, mais pouco a pouco están a recuperarse. É o caso da cantante e actriz coruñesa Amparo Malo, quen retoma as actuacións en directo. De feito, este mes xa actuou no NH Collection de Santiago xunto a un dos grandes guitarristas do Brasil: Mauricio Caruso.

Amparo ofrécenos cancións e raíz, cancións propias, cancións doutros, as cancións como escusa para viaxar xuntos e gozar da paisaxe, do aquí e do agora… 

Convidámola ao programa para falar con ela da súa música, de como está a vivir a volta aos escenarios e das súas próximas actuacións. 


 

Revista de información e entretemento