CRTVG

Buscar

A Tarde

Carmen Busto: "Temos fillos e netos. Que lles estamos deixando?"

19/05/2021 - 18:11 h

Tres mulleres da parroquia de Riobó, no concello de Cabana de Bergantiños, saen todos os días a camiñar. Fan exercicio á par que levan unha bolsa para recoller lixo. As protagonistas son Choncha, Carmen e Esperanza

"Se conseguimos que o fagan seis ou sete persoas, xa é moito"

Conversamos con Carmen Busto, logo de que o propio Concello de Cabana recoñecera o seu labor nunha peza audiovisual. Carmen comenta que comezaron a facer esta recolecta logo do confinamento máis duro da pandemia. Recollen lixo nunha media de dez quilómetros diarios. 

"Moitas persoas non o fan polo que dirán"

"O plástico escapounos das mans", afirma Carmen Busto. A andaina recorre diversos puntos da contorna, tamén as praias. 

Revista de información e entretemento