Galicia en Goles
O Alcorcón-Lugo abre o venres o 'Galicia en goles', na Radio Galega
A xornada de fútbol comeza o venres para os nosos representantes. Desde as sete menos cuarto da tarde, o 'Galicia en goles', que conduce Paco Santos retransmitirá o Alcorcón-Lugo, da Segunda División, coa narración de Andrés Vieites e os comentarios de Emilio González e Rafa Porto.
O sábado, desde as tres da tarde, Xoán Galán dirixe unha tarde chea de emoción co Sevilla-Celta, na Primeira División, e o derbi da Segunda B entre o Racing de Ferrol e o Compostela, na Malata. Ademais, o programa contará o encontro de baloncesto entre o Obradoiro e o Burgos, desde o Multiusos do Sar.
Xa o domingo, ás doce, a sesión matinal estará centrada na Segunda B co Celta B-Zamora e na Terceira, co Fabril-As Pontes e o Somozas-Paiosaco. Pola tarde, desde as tres, o protagonismo será para o Guijuelo-Deportivo, o Pontevedra-Salamanca e o Unionistas-Coruxo, de Segunda B, xunto á xornada de Terceira.