CRTVG

Buscar

A Tarde

Antonio Durán 'Morris': "Son un mal espectador para min mesmo"

18/08/2020 - 16:14 h

O actor Antonio Durán 'Morris' vive un dos mellores momentos da súa traxectoria profesional aos seus 61 anos. Conversamos con el sobre a súa carreira e os proxectos nos que anda traballando. Ademais viaxamos con algunhas das músicas que marcaron dalgún xeito a súa vida. 

"Non sabería vivir se non teño a miña profesión", sentencia. Non obstante, é moi crítico consigo mesmo. Afirma que "como actor nunca vou ver as secuencias que fago porque me correxiría a min mesmo". 

Revista de información e entretemento