A Tarde
Fisterra devólvelle a Camilo José Cela o agarimo que o autor pousou nesta vila
Nos 80, un neno fisterrán carretaba verduras á pensión Galicia, o lugar onde daquela se hospedaba Camilo José Cela. Era Pepe Formoso, propietario do Hotel Bela Fisterra. Tan abraiado quedou coa “aura de divo” de Cela que hoxe é el o promotor dunha homenaxe ao escritor. Conversamos con el e mais co bibliotecario da Fundación Camilo José Cela, Iván Rodríguez, unha das persoas que intervirá no acto deste sábado 19 para afondar na intensa relación do autor con esta localidade na que escribiu a súa última novela.