A Tarde
José María Baso: "Os que temos Asperger, con apoio, podemos sacar calquera cousa adiante"
Este xoves é o Día Mundial do Asperger. Un trastorno moi frecuente que afecta un de cada 150 nados. Non obstante, é pouco coñecido entre a poboación xeral. Encádrase dentro dos Trastornos do Espectro Autista. Aínda que polas súas competencias intelectuais e lingüísticas, mantense como unha entidade diferenciada do autismo clásico.
"A sociedade debería ter máis consciencia con todas as dispacidades que pode ter calquera"
Conversamos con José María Baso, técnico da Ecobrigada da Asociación Amicos. Diagnosticáronlle Asperger hai uns cinco anos. No seu traballo desenvolve labores de poda, rozas, defensa contra incencios ou limpezas de estradas.
"Hai xente que non ten diagnosticada a enfermidade, e pode causarlle problemas"