A Tarde
Ames inaugura o seu Bosque do Peregrino
Na parroquia e Covas, en Ames, atopamos o chamado Bosque do Peregrino. Un lugar chamado a ser un dos máis visitados deste concello.
Na zona existe unha particular masa forestal, formada por distintas árbores como carballos, castaños, bidueiros, freixos e sobreiras. Está situada xunto ao Camiño de Fisterra. Polo seu estratéxico emprazamento tamen conta cunha pasarela de madeira con bancos desde a que se pode gozar de fermosas vistas.