A Tarde
Como foi o 2020 para a artesanía galega?
Queremos deternos no colectivo de artesáns galegos. Preguntámonos como levan esta situación de pandemia. Teñen encargos? Como fan fronte á ausencia de feiras, á falta de turistas e á escaseza de pedidos?
Pola súa banda, a Deputación de Lugo anunciou que máis de 40 obradoiros artesáns recibiron axudas para paliar o impacto da crise sanitaria. O Centro de Artesanía e Deseño destinou un total de 80.000 euros a esta convocatoria.