A Tarde
Bieito Romero: "Tiñamos máis de cen concertos pechados"
Luar na Lubre está xa inmerso na xira de presentación do disco, Vieiras e vieiros, historias de peregrinos. A cita que tiñan prevista para este xoves en Fisterra foi adiada por mor da climatoloxía adversa. Aínda que contan poder atopar outra data nos próximos días. Este domingo actuarán en Paradela e o 25 en Getxo. Conversamos con Bieito Romero sobre o novo traballo e adaptación da formación nestes tempos de pandemia.