A Tarde
"Ir á protectora algún día á semana e acariciar os cans xa significa moito para eles"
A protectora de animais de Lugo advertía hai unha semana de problemas de falta de espazo pola chegada dun gran número de cans e gatos abandonados nun verán especialmente difícil.
Quen nolo contou foi Alberto Losada, presidente da protectora, que fai un chamamento para que a cidadanía se implique na detección de malos tratos animais e na difusión para atoparlles casa aos cadeliños.