CRTVG

Buscar

A Tarde

Nastasia Zürcher e Pablo Lesuit: "Estamos na música para colaborar e sumar"

17/06/2021 - 16:26 h

Nastasia Zürcher e Pablo Lesuit xúntanse na canción 'El hilo'. Trátase dunha colaboración que forma parte do novo disco que prepara Nastasia. É un tema cargado de enerxía positiva que foi producido por Adrián Saavedra. Filmaron tamén un videoclip da man de Jairo Moreno no pazo de Lourizán en Marín

Nastasia: "Tiña moita gana de facer algo con Pablo dentro do meu proxecto"

Esta canción é o cuarto sinxelo que presenta Nastasia Zürcher do seu novo traballo discográfico. Salienta que está sendo un proceso moi positivo. "O tema en galego que publicaremos en breve foi o primeiro que compuxen deste disco", destaca.  

Lesuit: "Todo artista, por facer música, merece un respecto"

Pablo Lesuit xa conta tamén cun sinxelo do que será o seu novo proxecto: 'Hasta que me creas'. O próximo venres publicará un novo tema en colaboración coa peruana Pamela Rodríguez

Lesuit é un dos artistas que forman parte do ciclo de concertos do Son do Camiño. O quince de xullo actuará no Monte do Gozo coincidindo coa actuación de Camilo. Os prezos ou os distintos tamaños de letra entre os artistas no cartel foron criticados nas redes sociais. "Todo o mundo ten dereito a queixarse. Hai moitísima xente traballando detrás dun artista e ten que sobrevivir", comenta. 

Revista de información e entretemento