A Tarde
Pasará factura a pandemia aos estudantes?
Unha recente enquisa da OCU sinala que un de cada dous pais cre que os seus fillos non recuperarán o atraso académico acumulado pola pandemia.
Ante o resto do curso 2021/2022, as dúbidas sobre a recuperación dos obxectivos académicos dos seus fillos son patentes e os pais con fillos en secundaria, os máis pesimistas. Doutra banda, os pais poñen boa nota á xestión do coronavirus por parte do centro escolar: sobre todo ao control do uso da máscara e o distanciamento, así como nos plans de acción en caso de contaxio.
Para avaliar asuntos tan relevantes coma estes cos que máis saben, o profesorado, facemos un pequeno faladoiro con Alicia Tojeiro, Mestra de Educación Infantil e primaria no CEIP Isidro Parga Pondal, en Oleiros, e galardoada como a mellor de España; Carlos Encisa, director e profesor do IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, e Miguel Abraira, director e profesor de Historia en Bacharelato do IES San Paio, de Tui.