A Tarde
Ángeles Carmona: "Calquera persoa que coñeza un caso de violencia ten a obriga de denuncialo"
Este luns estaba prevista a entrega de medallas Emilia Pardo Bazán na súa primeira edición. O acto foi suspendido polo crime machista de Valga. Unha das persoas recoñecida nos premios ía ser Ángeles Carmona, que é a presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. Con ela conversamos.
"A muller ten terror ás consecuencias de denunciar", afirmou.