CRTVG

Buscar

A Tarde

Un 45% dos galegos asocian as dores musculares a unha carga excesiva de peso

16/07/2021 - 18:04 h

Posiblemente poucas persoas consideran que cargar con pesos excesivos sexa unha actividade de risco para a súa saúde muscular. Pero o certo é que moitas veces pode chegar a ser un problema, tal e como se reflicte nos datos recollidos a través do Estudo Fisiocrem, da Asociación Española de Fisioterapeutas, sobre “Saúde muscular en España”.

A percepción da poboación é que ata un 45% das molestias e dores musculares están ocasionadas polas cargas excesivas de peso.

Falamos con Miguel Soro, membro da  xunta directiva da Asociación Española de Fisioterapeutas.

Revista de información e entretemento