A Tarde
A nasa galega: "Queremos dar a coñecer esta forma de traballar que se esquece"
Rubén Balseiro leva uns catorce anos facendo nasas para toda costa galega. Incluso chegando a zonas de Asturias, Cataluña ou a barcos que traballan fóra destes mares. Dende hai un tempo puxo en marcha o proxecto Nasa Atlántica.
"Non hai unha nasa igual porque cada patrón ten a súa particular"
A nasa é un aparello de pesca con distintas características segundo o que se pesque e o lugar onde se pesque. Dende a nécora, o camarón, o polbo, a centola, a lagosta, o cangrexo real e calquera outra especie que entre nunha nasa.
"A tendencia mariñeira estase levando moito"
Dous fabricantes da nasa de Galicia xuntáronse para desenvolver este proxecto. "Empezamos facendo cestas para o Nadal. A partir de aí chegaron as mesas, os tallos, lámpadas ou chaveiros", indica Rubén.