CRTVG

Buscar

A Tarde

O chef Bosquet ponse a proba coa música galega e as súas receitas

16/02/2021 - 16:20 h

O chef Roberto Bosquet foi aumentando seguidores co seu contido de cociña nas redes sociais. Agora publica un novo libro de receitas. Titúlase 'El placer de comer sin remordimientos'. Todas as propostas son saudables aínda que falamos de sobremesas. 

"A facilidade leva a non comer saudable"

Na publicación, o chef acompaña cada receita cunha canción. Por iso, puxémolo a proba con tres cancións galegas para comprobar que receita lle suxerían. A música dos Ruxe Ruxe definiuna como unha receita directa; a dos Oh Ayatollah como unha receita fresca; e a das Tanxugueiras como unha receita dunha celebración importante. 

"O 'Midas' das Tanxugueiras soa a unha celebración importante: prepararía un cóctel saudable"

 

Revista de información e entretemento