A Tarde
Amanda Sampedro, capitá do Atleti, mételle un gol ao machismo co seu libro 'Campeona'
A capitá do Atlético de Madrid, Amanda Sampedro, presenta o libro infantil 'Campeona'. É a historia de Mandy, unha rapaza afeccionada ao fútbol que ten que facer fronte ao machismo e prexuízos para cumprir o seu soño.
Conversamos con Amanda desta publicación, pero tamén da súa propia historia persoal como xogadora profesional de fútbol. Ela leva toda a vida cun balón entre os pés, dende nena e ata a actualidade, momento no que colleita éxitos co Atleti e coa selección.