CRTVG

Buscar

A Tarde

Fran Varela: "Os galegos temos un sector primario que defender, valorar e potenciar"

15/06/2021 - 18:05 h

A confraría de Malpica está inmersa nun proxecto de aproveitamento da zamborca. Trátase dun proxecto da man da Universidade de Santiago co Laboratorio de Hidrobioloxía e os doutores Fernando Cobo e David Nachón. Este peixe é coñecido tamén como sábalo. 

"En Francia e Portugal valorábase moito para comer, pero ten moita espiña"

Con Raúl Villares conversamos a pé do Porto de Malpica con Fran Varela, secretario da confraría. O proxecto nace con tres vertentes: primeiro distinguir as distintas especies que hai, logo identificar os problemas que ten asociados e definitivamente procurar coidar máis o recurso

A zamborca é un peixe de mar que adoitaba desembocar nos ríos galegos. Chegou a ser unha especie moi valorada. Segundo Fran, coa construción dos encoros, a contaminación e outros factores a súa poboación foi diminuíndo

"Xa non é que exportemos os peixes e o marisco, tamén a xente"

Fran salienta que "temos que apostar polo noso, darlle valor e traballalo". Dende a confraría de Malpica traballan en máis proxectos conxuntamente tamén coas universidades.

 

Revista de información e entretemento