CRTVG

Buscar

A Tarde

Pedro Alonso: "Se non se diversifican os hábitats, o conflito do lobo aumentará"

15/06/2021 - 17:18 h

Foto de portada: David Martínez

O biólogo Pedro Alonso encabeza un estudo sobre a presenza do lobo en Galicia. Trátase dunha estimación que colocaría a Galicia entre as rexións do planeta cos valores máis elevados de densidade de lobos. 

"Galicia nunca deixou de ser terra de lobos"

Dentro do territorio galego, sobresae o terzo norte da provincia de Lugo e o extremo nordés da da Coruña. Poderíase tirar unha liña que baixara pola Serra da Capelada dende Cedeira e continuase por Monfero, chegase a Vilalba e Abadín ata Ribadeo

"O abandono do ser humano trae a colonización de especies salvaxes"

Ante a falta de actualización de datos, a tendencia crese que pode ser a de aumento da poboación de lobos. "A maior parte do rural galego está nun proceso de abandono demográfico. O bosque aprópiase do espazo e iso favorece a especies como porcos bravos, corzos ou lobos", destaca Pedro.

 

Revista de información e entretemento