A Tarde
Un xogo na natureza, as cabanas vivas do CEIP Apóstolo Santiago
O CEIP Apóstolo Santiago xa ten instaladas as súas cabanas vivas. Trátase dun proxecto que retomaron hai uns tres anos e que contou coa implicación da comunidade educativa.
A iniciativa implicou modificar o patio. As cabanas están feitas con madeira de vimbio que foron plantadas. Nuns días estarán cubertas de follas e seguirán medrando.
Delfina Bañobre: "Pódese pasar igual de ben ou mellor ca coas máquinas"
Achegámonos ao patio do colexio da man de Raúl Villares. Conversamos con Delfina Bañobre, directora do centro e con Diego Alba, presidente da ANPA.
Para a realización das cabanas botaron man de Julia de la Cal e de Idoia Cuesta. Ademais foron por parte do vimbio coa axuda da Casa das Insuas en Rábade e a Axencia Galega de Custodia do Territorio.