A Tarde
Óliver Laxe: "A nosa maneira de defender o mundo está na cesta da compra"
O cineasta Óliver Laxe presentou este luns o proxecto audiovisual 'Gandería heroica'. Trátase dunha iniciativa da man da Cooperativa Carqueixa para amosar o seu produto. Pretende que a sociedade sexa consciente do traballo que se realiza nos Ancares.
"Sempre adoitamos falar de que o rural está morrendo; a campaña fala de todo o contrario"
A campaña emitirase a través das redes sociais. Nela aparecen dez gandeiros que tiveron a súa participación no filme 'O que arde'.
Ruth Lodeiro achegouse a Navia de Suarna para falar con Óliver Laxe e con José Antonio Díaz, presidente da Cooperativa Carqueixa. Inditex é un dos clientes da cooperativa. Algo que alegra tanto a Óliver e Antonio.
"Estamos moi felices de que as elites económicas tamén confíen no bo produto"
Despois do éxito de 'O que arde', Óliver Laxe instalou a residencia habitual na súa zona. Continúa impulsando proxectos rurais e tamén segue con algún cinematográfico.
"Estou cumprindo o soño que moitos galegos querían"