CRTVG

Buscar

A Tarde

Froita e verdura duradeiras e sen conservantes, grazas á deshidratación solar

15/03/2021 - 16:38 h

María José Tallón encabeza o proxecto Trasdeza Natur. Unha iniciativa de horta ecolóxica moi aberta á innovación. Foi destacada dentro do Programa TalentA 2021, que premia o papel da muller no emprendemento rural. Está organizado por Corteva e Fademur. 

"Moitas mulleres levan proxectos no rural con éxito"

Unha das innovacións que incorporou María José nos últimos tempos foi a técnica do deshidratado solar de froitas e verduras. Probou un prototipo feito pola Universidade de Santiago de Compostela

"Só é sacarlle a auga; non se lle engade ningún conservante"

Co efecto do sol e o uso de ventiladores aprovéitase a enerxía solar para sacar a humidade dos produtos. O secado do sol respecta moito o seu sabor e o seu cheiro. 

A horta de Trasdeza Natur está situada en Silleda. É unha pequena produción duns 6.000 metros cadrados. A deshidratación solar foi probada con amorodos e tomate. 

"A durabilidade no caso destes dous produtos pode ser dun ano"

 

Revista de información e entretemento