CRTVG

Buscar

A Tarde

Xosé Díaz: "Na casa non se falaba do asasinato do avó"

14/08/2020 - 17:07 h

O 14 de agosto do 1936 Camilo Díaz Baliño foi fusilado no lugar de Saa, na parroquia de Meixide, en Palas de Rei. Nos 84 anos do seu asasinato, analizamos a súa traxectoria. Conversamos co seu neto, Xosé Díaz Arias. El herdou a vea artística de seu avó e tamén de seu pai. É deseñador gráfico e membro da Real Academia de Belas Artes. Non obstante, recoñece que non ten o talento dos seus antecesores.

"Nós coñeciamos a historia por miña nai. Meu pai tiña un trauma. Fálase de que cando o mataron lle cortaron as mans. Pero non está probado. Saberase o día que exhumemos o corpo. O de cortar as mans era algo que lles facían aos artistas", salienta.

Revista de información e entretemento