CRTVG

Buscar

A Tarde

Tarci Ávila: "Fun músico, son pescador e quizais sexa astrónomo"

14/05/2021 - 18:28 h

Tarci Ávila está reinventando a súa vida. Hai uns meses aparcou o seu proxecto musical Presumido con Nacho Dafonte. Poderían subir aos escenarios no caso de que se puideran realizar algúns concertos que teñen pechados. A partir de aí, o proxecto quedará aparcado. 

Ávila cumpre agora un soño dende neno, ser pescador. Meteuse nunha furgoneta para realizar unha viaxe persoal pola costa e pescar sargos. O que realiza comunícao nunha canle de YouTube: La Ruta del Sargo

É consciente dos tabús que hai neste oficio. Adoita ser un sector bastante hermético á hora de dar detalles do seu traballo. Tarci quere trocar esta tendencia. 

Revista de información e entretemento