A Tarde
As películas de Almodóvar inspiran os novos calcetíns de Somos Océano
Somos Océano é unha empresa viguesa que se dedica á produción de calcetíns "con espírito atlántico". Unha marca que naceu no 2016 e que, na actualidade, elabora ata 30.000 pares de calcetíns ao ano.
Hainos do Xabarín Club, de Estrella Galicia e, agora, das obras de Pedro Almodóvar. É a primeira colección de calcetíns dedicada ao cine español.
Conversamos coa responsable da empresa, Ana Carpintero, sobre esta colaboración co director de cine.