A Tarde
Andrés Balado, o Bruce Springsteen galego, presenta o seu primeiro sinxelo
‘Entrelazados’ é o primeiro sinxelo do galego Andrés Balado, a quen alcuman o ‘Boss galego’ polo seu timbre de voz e o seu estilo rockeiro que lembra a Bruce Springsteen. Participou no programa de televisión 'La voz' e emocionou o xurado e o público co seu cantar, que agora leva a un estudo de gravación por primeira vez na súa vida grazas ás súas fillas.