A Tarde
Un chuvasqueiro impermeable feito a partir dunha tenda de campaña
Alumnos e alumnas do Grao en Xestión Industrial da Moda da Universidade da Coruña presentan un chuvasqueiro de tea impermeable. O deseño e a creación desta peza de roupa é fabricado con tea dunha antiga tenda de campaña.
Manuel Sánchez, Magdalena Rodríguez, Daniel Mirás e Ana García participan co seu proxecto na quinta edición do Maratón Téxtil Creativa La Casa Encendida en Madrid. A actividade está marcada pola defensa da moda sostible.
Conversamos coa profesora Patricia Muñiz, que imparte a materia de Deseño de Moda no Campus de Ferrol. E falamos dende Madrid con Manuel Sánchez, un dos alumnos implicados na iniciativa.
"Ten un peto extensible na parte posterior onde se pode gardar o lixo"