A Tarde
"A gastronomía de Padrón vén abandeirada polo pemento, pero hai moito máis"
Doce establecementos participarán na nova edición de 'Saborea Padrón', unha ruta gastronómica organizada polo concello da localidade coruñesa que comeza o 23 de outubro.
O alcalde, Antonio Fernández Angueira, confía en que se atraia visitantes á vila para gozar da rica gastronomía. Paralelamente celébrase un concurso de elaboración de cabazas para involucrar os nenos no Samaín.