A Tarde
Un pantalón tecnolóxico para embarazadas permite escoitar os latexos do bebé
Cinco estudantes do grao de Xestión Industrial da Moda do Campus de Ferrol deseñaron un pantalón tecnolóxico específico para as embarazadas. O proxecto foi premiado no programa Explorer: Jóvenes con soluciones.
Lucía Blanco, Ana María García, Andrea Castro, Alba Boedo e Julia Cacheda foron as impulsoras da iniciativa. Trátase duns leggins deseñados para monotorizar os latexos do bebé.
"Para os expertos médicos isto é útil porque tamén é saúde"
O proxecto chámase Sístole. Pretenden seguir traballando para mellorar e facer máis eficaces os sensores. Ademais de realizar unha aplicación fácil de manexar.