CRTVG

Buscar

A Tarde

Gustavo Zerbino exemplifica a xestión da adversidade 49 anos despois da traxedia dos Andes

13/04/2021 - 16:24 h

Gustavo Zerbino é un dos sobreviventes da traxedia dos Andes. Este mércores participará na charla 'Xestión da adversidade' co alumnado e patróns da Fundación Mentor de Vigo. 

"Na actualidade perdemos a capacidade de conectarnos co noso potencial como humanos"

Zerbino reside no Uruguai. É un dos dezaseis sobreviventes do accidente do avión 571 da Forza Áerea Uruguaia. Estrelouse en 1972

"Non tiven ningún trauma logo do vivido na montaña"

Sobreviviron en condicións extremas máis de setenta días. Daquela Gustavo tiña dezanove anos. 

"Se soubésemos ao principio que iamos estar máis de setenta días, morreriamos ao día seguinte"

Un dos pasaxeiros do avión uruguaio que caeu nos Andes era de orixe galega. O avó de Rafael Echavarren Vázquez emigrou ao Uruguai dende O Castro de Vilarullo (Curtis). 

"A actitude de Rafael era dun estoico loitador"

Revista de información e entretemento