A Tarde
O alcalde de Láncara, Dario Piñeiro, enviaralle ó ministro de Consumo unha peza de carne
A campaña de recomendacións do Ministerio de Consumo, que suxería unha dieta máis puramente mediterránea e un menor consumo de carne polo impacto ecolóxico da gandeiría, continúa recollendo reaccións, desta vez á beira de Sarria. O alcalde de Láncara, Dario Piñeiro, enviaralle ó ministro de Consumo unha peza de carne autóctona e convidarao formalmente á Festa da Tenreira Galega que se celebra cada ano no concello.