A Tarde
Como manter o noso correo electrónico a salvo?
As nosas vidas son cada vez menos presenciais e máis virtuais. Neste contexto, o correo electrónico é unha ferramenta básica e fundamental para o noso día a día. Dámolo aló onde nolo piden, e ás nosas bandexas de entrada chegan todo tipo de ‘mails’. Mais, grazas ao seu alto índice de penetración, tamén son un foco de entrada para todo tipo de timos, estafas e virus. Atopar un termo medio no uso das nosas direccións de correo é basico para evitar sustos. Falamos con Fernando Villar, formador da Garda Civil para a convivencia e a mellora da seguridade no noso entorno, para coñecer máis a fondo as medidas que podemos adoptar