A Tarde
Xosé Luís Penas: "Moitas veces pensamos que a cultura é só o Camiño de Santiago"
O colectivo Compostela Rupestre está formado polos concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión e Val do Dubra e a Deputación da Coruña. Traballan co obxectivo de facer accesible á sociedade a arte rupestre.
Xosé Luís: "O dificil é facer ver que o ámbito cultural leva detrás o resto de ámbitos"
Raúl Villares conversou con Xosé Luís Penas, deputado de Patrimonio na Deputación da Coruña e con Manuel Santos, arqueólogo e director científico deste proxecto.
Manuel Santos: "Na arqueoloxía sempre está o debate constante da cronoloxía"
O traballo componse dun proceso de documentación, de coñecemento, de crear contido e de construír as condicións físicas axeitadas.
Esta colección de arte permanente ao aire libre é posible grazas tamén a moitas persoas. Sen ser expertos, contribúen á súa protección. Estímase que nos últimos tempos se coñeceron cincuenta entidades de petróglifos das que non se sabía.