CRTVG

Buscar

A Tarde

Fernando J. Múñez: "Encantaríame escribir unha novela ambientada en Galicia"

12/05/2021 - 16:21 h

O autor Fernando J. Múñez presenta a novela 'Los diez escalones'. Sitúase con ela no século XIII. Os personaxes enfróntanse a demos antigos, pero con conexión no presente. Ten moita presenza a Igrexa católica e un gran misterio polo medio dos dez chanzos que lle dan título ao libro. 

"O Medievo é un mundo cheo de contradicións"

Esta publicación vén amparada polo seu anterior éxito, 'La cocinera de Castamar'. Recoñece que na nova novela parte do imaxinario de Umberto Eco

"Toda a estrutura do libro non deixa de ser un vehículo para falar doutras cousas"

O escritor comenta que o nexo de unión entre as dúas novelas é o clasismo, a sociedade xerarquizada ou o machismo

As raíces galegas do escritor fan que comente que lle gustaría escribir nalgún momento unha novela en Galicia. "Miña nai sempre mo pide", afirma. 

Revista de información e entretemento