A Tarde
Mulleres na ciencia, na ecoloxía e na conservación, da man de Xiana Albor
Este martes conmemorouse o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Un día para animar e para lembrar. Na colaboración de todos os mércores coa bióloga Xiana Albor falamos dalgunhas destas mulleres con protagonismo na ciencia. E conversamos cunha galega licenciada en farmacia que percorreu moitos quilómetros científicos, Aurora Gómez Durán.
"O problema da carreira científica é que as mulleres nunca chegan aos postos de mando"