A Tarde
Andrea Vizcaíno: "Vestirse é ser o personaxe que queres ser"
Andrea Vizcaíno é unha das protagonistas da XIX edición do Xuventude Galicia Net R Encountrer. Evento que se desenvolve estes días en Silleda. Andrea é modelo, amante da maquillaxe e cosplayer, que significa disfrazarse meténdose plenamente nun personaxe.
Conversamos con Andrea e co seu compañeiro Iván, e descubrimos de que veñen disfrazados. Este sábado organizan un taller para empregar disfraces e accesorios para representar unha idea ou un personaxe dun videoxogo, cine, manga ou cómic.